O lúpulo

posted in: informacion | 0

O Lúpulo

É un ingrediente esencial para a fabricación da cervexa. Cando secan as súas flores extraese a lupulina, un elemento esencial que aporta o sabor amargo e o aroma característicos da cervexa.

Unha das características do lúpulo fai ca escuma da cervexa sexa máis estable, axuda a manter a frescura e lle dá outras propiedades.

España é un dos primeiros produtores de lúpulo, sexto na Unión Europea e décimo en todo o mundo.

Desbotado o uso para fabricación de cervexa, as súas propiedades medicinais e cosméticas lle renderon usos interesantes para o home desde os tempos antigos, con datos de cultivo que se remontan a 4.000 anos antes de Cristo.

 

Usos do lúpulo na antigüidade ata chegar a fabricación da cervexa

Orixinalmente, o lúpulo era unha mais das plantas que foi usada para dar aroma a cervexa. Esta planta da familia do cáñamo, tiña efectos sedantes e antisépticos, sendo valorada a sua acción contra as bacterias.

Os babilonios xa utilizaban o lúpulo para facer unha bebida chamada Sikar e na India se elaboraba unha bebida chamada Suma feita de lúpulo. Os romanos tamén usaban lúpulo para cociñar, como un elemento de temperado para destacar algúns pratos.