Cervexa UNE

posted in: cerveza | 0

Toupiña UNE (Belgian Dubbel)

Impresión Xeral: Profundo vermello-cobrizo, moderadamente forte, maltosa, complexa, con ricos sabores de malte, ésteres a froitas escuras ou secas, e lixeiro alcol mesturados xuntos nunha presentación que aunque maltosa remata bastante seca.

Aroma: Complexos e ricamente doces aromas a malte, posiblemente con toques a chocolate, caramelo e/ou tostado (pero nunca aromas torrados ou queimados). Ésteres frutais moderados (xeralmente incluindo pasas e ameixas, as veces tamén cereixas secas). Os ésteres incluen as veces plátano ou mazá. Os fenois especiados e os alcoles superiores son comúns (poden incluir lixeiro clavo de olor e especias, pementa e notas como a rosas e perfume). As cualidades especiadas poden ser de moderadas a muy baixas. O alcol, se está presente, é suave e nunca quente ou a solvente. Baixo a ningún aroma a lúpulo especiado, herbal ou floral, polo xeral ausente. A malte é máis prominente no balance con ésteres e un toque de alcol no soporte mesturados xuntos para unha armoniosa presentación.

Apariencia: Cor ámbar oscuro a cobre, con unha atractiva profundidade de cor vermello. Xeralmente clara. Escuma beige, grande, densa e cremosa de longa duración.

Sabor: Cualidades similares ó aroma. Complexo sabor de malte media a media-plena que ainda ricamente doce no paladar, termina moderadamente seca. Complexa interacción de malte, ésteres, alcol e fenois (sabores a pasas son comuns; sabores a froitas secas son benvidos; clavo de olor ou pementa especiada son opcionais). O balance é sempre hacia a malte. Amargor medio-baixo que non persiste no retrogusto. Baixo sabor a lúpulo especiado, floral ou herbal é opcional, e non soe estar presente.

Sensación en Boca: Corpo medio-pleno. Carbonatación media-alta, a cal pode influir na percepción do corpo. Baixa tibieza de alcol. Suave, nunca quente ou a solvente.

Historia: Orixinada nos mosteiros da Idade Media, foi revivida a mediados do 1800 despois da era Napoleónica.

Ingredientes Característicos: Se utilizan comúnmente cepas de levadura belga propensas á produción de alcoles superiores, ésteres e compostos fenólicos. Unha impresión de molienda complexa en graos, ainda que as versións tradicionais utilizan típicamente malte Pils belga con xarabe de zucre caramelizado ou outros zucres sen refinar que proporcionan gran parte do carácter. Lúpulos tipo Saaz, tipo inglés ou Styrian Goldings son comúnmente utilizados. Tradicionalmente non se usan especies, ainda que o uso restrinxido está permitido (só para reforzar a intensidade de fondo).

Estadísticas Vitais:

OG: 1.062 – 1.075

FG: 1.008 – 1.018

IBUs: 15 – 25

SRM: 10 – 17

ABV: 6.0 – 7.6%