Beneficios da cervexa ecolóxica

posted in: informacion | 0

A cervexa é unha bebida que se elabora con ingredientes naturais, como é o caso do lúpulo, cebada, lévedo de cervexa e malte.

Isto se traduce en que a cervexa é unha bebida cardiosaúdeable, axudando de forma moi positiva a reducir o risco de enfermidades cardiovasculares, así como a diminuír os triglicéridos e o colesterol LDL.

Reduce a coagulación do sange, á vez que mellora a densidade ósea, e grazas ó seu contido en ácido fólico é axeitada para reducir os niveles de homocisteína en sangue (aminoácido que se utiliza como marcador vascular e predice o risco de sufrir un accidente cardiovascular).

            En España consumimos ó redor de 85 litros de cervexa ó ano por persoa. ¿O consumo de cervexa é san? Cada vez máis xente elixe cervexa ecolóxica e, pouco a pouco,  hai máis variedade e calidade no mercado pero, ¿sabes cales son os beneficios da cervexa ecolóxica?

Podemos afirmar que a cervexa é unha bebida saudable si se consume con moderación cando posúe alcol. Outra opción aínda máis san é optar pola cervexa sen alcol, que pode ser consumida por mulleres embarazadas, deportistas, persoas maiores, etc. Pero se elixes cervexa ecolóxica, os beneficios para a saúde se multiplican porque está elaborada con produtos ecolóxicos, que foron cultivados sen pesticidas nin produtos químicos.

O noso ranking dos beneficios da cervexa ecolóxica para a saúde comeza cun beneficio dobre: saúde e medio ambiente.

·                    O consumo de cervexa ecolóxica é altamente recomendable porque se produce con compoñentes naturais, sen substancias químicas que alteren os ingredientes nin aditivos de ningún tipo. Sen dúbida supón unha importante fonte de saúde para o noso corpo. Ademais, fomenta o cultivo ecolóxico e o coidado do noso entorno.

·                    En segundo lugar, un dos grandes é que aporta moitos nutrintes, como vitaminas B12, B6, A, D, E, calcio, magnesio, potasio, sodio, ácido fólico, silicio, antioxidantes e fósforo.

·                    Seguimos con outro beneficio da cervexa ecolóxica indicado para todas aquelas mulleres que empezan a notar os síntomas da menopausia. E é que hai que destacar que o seu consumo pode mellorar en gran medida os sofocos, a extrema sensibilidade e os cambios repentinos de ánimo propios de esta etapa da vida de toda muller. ¿Por qué?. A presenza dos fitoestróxenos nesta bebida é a encargada de paliar estes molestos síntomas da menopausia.

·                    A cervexa ecolóxica contén silicio, un mineral que axuda a protexer as nosas neuronas para que non dexeneren, previndo enfermidades neuronais dexenerativas como o Alzheimer. E grazas ó silicio tamén previmos a osteoporosis, mellorando a calcificación dos ósos.

·                    O seu consumo tamén mellora a dixestión e estimula o apetito aínda que se estamos a dieta hai que ser moi estrictos co seu consumo xa que pode producir un aumento de perímetro abdominal.

·                    Existe unha menor probabilidade de ter pedras nos riles. A deshidratación aumenta significativamente as posibilidades de desenvolver pedras nos riles. Como todos sabemos, a cervexa contén máis dun 90% de auga, polo que, como podemos deducir, é moi beneficiosa para os nosos riles. Así o comentou Judi Gerber, licenciada en Terapias Horticulturales pola Universidade de California, no seu artigo para care2.

·                    Evita o estreñimento. A cervexa é a bebida que aporta unha maior cantidade de fibra soluble á nosa dieta (un 17% aproximadamente). A fibra se caracteriza por aumentar os movementos peristálticos do intestino e, polo tanto, tamén aumenta a frecuencia das deposicións.

·                    Prevén a formación de coágulos sanguíneos, unhas masas que se orixinan cando o sangue se endurece. Os coágulos sanguíneos poden crearse dentro das venas e as arterias, ou incluso no corazón, e bloquear de forma parcial ou total o fluxo de sangue. Esta obstrución se denomina isquemia, e pode provocar danos nos tecidos ou, no peor dos casos, a morte. Entre moitos outros estudios, a revista Forbes recolle un de R. Curtis Ellison, profesor de medicina e saúde na Universidade de Boston, no que se confirma que o consumo dunha ou dúas cervexas por día pode axudar a reducir a formación de coágulos sanguíneos, a partir do aumento dos niveis de colesterol HDL (o colesterol bo).

·                    Reduce as posibilidades de sufrir ataques de corazón. De acordo cun estudio de Harvard realizado a 70.000 mulleres de entre 25 e 40 anos, aquelas que consumen cervexa de forma moderada son menos propensas a desenvolver unha alta presión sanguínea (un factor de risco dos ataques de corazón) que as mulleres que beben viño. Moitos outros estudios tamén demostran esta aserción, así como confirman que a cervexa artesá reduce os riscos de desenvolver patoloxías cardiovasculares.

·                    Incrementa a densidade ósea e frea a perda de óso. A cervexa artesá contén unha gran cantidade de minerais. Entre eles, destaca o silicio biodispoñible, partícipe na creación e reparación dos ósos. Segundo un estudio realizado pola Universidade de Tufts con data de 2009, as persoas de idade avanzada que consumiron cervexa artesá diariamente teñen unha maior densidade ósea que aqueles que non o fixeron.

·                    Prevén o insomnio. Tal e como sucede co viño, a cervexa artesá  tamén ten a tendencia natural de poñer somnolentas ás persoas, cousa que nos axudará a durmir de forma plácida.

·                    Prevén as enfermidades crónicas e o avellentamento celular. A cervexa artesá se caracteriza por conter polifenoles, provenientes tanto da malte como do lúpulo. Estes polifenoles, á súa vez, conteñen antioxidantes, os cales preveñen as enfermidades crónicas. A cervexa artesá contén a mesma cantidade de polifenoles que o viño tinto, e seis veces máis que o viño branco. Ademais, as IPAs son un dos estilos de cervexa con máis polifenoles.

Fagamos reconto: podemos evitar as posibilidades de ter pedras nos riles, ou de sufrir enfermidades crónicas ou ataques do corazón. A cervexa artesá tamén evita o estreñimento ou incrementa a densidade ósea. Incluso poderiamos durmir un pouquiño mellor.

¿Canta cervexa é recomendable tomar?

Debemos ter presente que non é o mesmo tomar unha cervexa con alcol, que unha cervexa sen alcol, ou ben optar polas novas que actualmente podemos atopar no mercado, denominada Cervexa 0º.

No caso de que sexa unha cervexa con alcol, moitos médicos e nutricionistas recomendan un consumo diario dunha cervexa ó día, dado que non debemos esquecer que o alcol, consumido en exceso, é sumamente nocivo para o noso organismo.

É certo que tamén optar pola cervexa sen alcol nos permitirá desfrutar dos principais beneficios que nos aporta nutricionalmente falando. Por tanto, o seu consumo con ou sen alcohol dependerá do gusto persoal de cada quen, e claro está, no caso de que non exista ningunha prescrición médica que o prohíba (por exemplo, no caso de alcolismo ou problemas hepáticos).

Leave a Reply