A maridaxe da cervexa

posted in: informacion | 0

É un feito; aínda que todo é cuestión de gustos, algunhas combinacións de comida e bebida nos “funcionan” máis que outras. É dicir, que aínda que non existan regras científicas, si podemos dar algunhas pautas, froito da experiencia e certa “lóxica gastronómica”, acerca das maridaxes na cervexa.

En liñas xerais, poderíanse destacar as seguintes conclusións, segundo tipos de alimentos:

Os ácidos

  • Aquí a cervexa atopa un campo de oportunidade fronte ao viño, posto que é precisamente no terreo acedo onde moitos viños non teñen nada que facer: calquera prato aderezado con vinagre altera e desvirtúa moitos caldos, e só algúns brancos fermentados en barrica ou xereces son capaces de aguantar a agresión que nos produce no padal este ingrediente.
  • A cervexa combina moi ben cos escabeches, tanto no terreo das carnes como dos peixes. Isto débese á forza aceda do vinagre que atopa na cervexa o equilibrio perfecto.
  • A cervexa tamén combina estupendamente cos pratos nos que abunde o tomate: pistos, guisos, cazolas, pan con tomate, etc., agradecerán o toque de cervexa.
  • Moitas verduras que son incompatibles co viño pola súa acidez, lévanse de marabilla coa cervexa, de maneira que se poden facer tantas maridaxes felices como combinacións de pratos de verdura.
  • Igualmente, os pratos que se aderecen con mostaza, combinan con gran harmonía coa cervexa.

 

Os picantes e moi especiados

  • A cervexa alivia a sensación que producen os pratos picantes e moi especiados co seu contrapunto refrescante. É ideal para apagar o lume aceso por guindillas, chiles e pementas. Se engadimos que suaviza a intensidade do cilantro e o xenxibre, converterase na nosa mellor acompañante para explorar a cociña mexicana.
  • Poucas bebidas alcólicas aguantan a agresión do allo e o pemento; con todo, a cervexa destaca precisamente por ser boa compañeira destes ingredientes, así que xa sabes: o chourizo, mellor con cervexa.

 

Os pratos agridoces

  • A cociña oriental, en especial a xaponesa, se alía perfectamente coa cervexa grazas ás salsas que frecuentan os seus pratos (sushi, sashimi), nos que abunda a soia e a salsa wasabi picante.
  • Tamén as mostazas e salsas ketchup combinan ben coas cervexas polo seu sabor intenso. Por iso a hamburguesa con cervexa é todo un clásico.

 

Afumados e marinados

  • A cervexa báixalle os fumes a carnes e peixes tratados con este método, tanto embutidos como salchichas e peixes afumados.
  • Así mesmo, a cervexa tamén destaca como compañeira dos peixes marinados polo contrapunto do seu sabor.

As brasas

  • Os sabores tostados das carnes á prancha harmonizan perfectamente coas cervexas de corpo medio.
  • En xeral, podemos dicir que a cervexa achega unha sensación de “limpar” o padal en todos aqueles pratos que presenten un gran elemento graxo, tanto carnes, como fritos, embutidos, peixes graxos, etc.
  • Curiosamente, ao parecer, a graxa dos ovos servidos coa xema líquida chega a “taponar” as papilas gustativas da lingua, o que impide captar sabores de bebidas de aromas complexos, como o viño. Con todo, isto non sucede con cervexas suaves e frescas que limpan a boca.
  • E os queixos que mellor maridan coas cervexas son os que presentan unha maior cantidade de materia graxa, textura cortante e unha clara tendencia á acidez.

 

Os sabores amargos

  • As verduras de sabores amargos, como as endivias, escarolas, berenxenas… ven equilibradas co sabor intenso das cervexas con corpo.
  • A cervexa é a única bebida capaz de domar á rebelde alcachofa e os seus toques metálicos.
  • A cervexa tamén ten un espazo no universo goloso. Boa proba diso é a deliciosa combinación das sobremesas de intenso sabor a chocolate coa cervexa negra e o seu delicado gusto a regaliz e froitos secos.

 

Cervexa como ingrediente

  • E claro, todos aqueles pratos que se cociñen con cervexa poden combinarse perfectamente con cervexa, pois os seus sabores veranse complementados.

Os queixos

  • A maridaxe co queixo pola multitude de matices que ofrece require un apartado específico.

 

A Maridaxe da Cerveza

Lasaña con Toupiña
Lasaña con Toupiña
Setas con Toupiña